Newsletter Streaming, bambuser


11Jun - 12Jun - Bicicletada Anti-Fracking [Vigo - A Guarda - Viana do Castelo]

7/June 16:41


 

SÚMATE Á BICICLETADA ANTI-FRACKING!!!

O goberno portugués asinou concesións con grandes multinacionais para comezar a perforar o primeiro pozo de extracción mediante fractura hidráulica o vindeiro mes de Agosto no sur de Portugal, a uns 80 km de Sines.

Para denunciar este e outros proxectos especialmente danosos para as persoas e o medio ambiente, a "Bicicletada Anti-Fracking" vai percorrer Portugal manifestándose en contra da industria petrolífera e, ao tempo, servindo de ponte entre diferentes loitas locais contra o petróleo, o gas e outros mega proxectos.

Dende ECOAR))) estamos a coordinarnos con outros colectivos portugueses para que Galiza tamén participe dalgún xeito nesta iniciativa.

A idea é facer unha primeira etapa Galego-Portuguesa, que saíndo o sábado 11 pola mañá de Pontevedra pasase por Redondela, Vigo, Nigrán, Baiona, Oia e chegase a media tarde Á Guarda, onde pasariamos a noite (o CSA Fuscalho facilítanos o seu teito). Ao día seguinte colleriamos o ferry ata Caminha para chegar ata Viana do Castelo, onde as persoas que o desexen poderán pasar a noite e continuar coa seguinte etapa o luns 13 pola mañá.

Co obxecto de sumar xente e ideas a esta acción, convocámosvos a unha xuntanza o venres 3 de Xuño, ás 20:00h no CSA Cova dos Ratos (r/ Romil, 3)

Para máis información contáctanos en accion@ecoarglobal.org

> Partilhar     






Inscreve-te por email